marzo, 2020
Detalles do Evento
O musical Miserábeis levado ao teatro polo profesorado e alumnado do IES ILLA DE ONS de Bueu sube ao escenario do Principal ao abeiro do Salón. Este proxecto interdisciplinar de
Máis
Detalles do Evento
O musical Miserábeis levado ao teatro polo profesorado e alumnado do IES ILLA DE ONS de Bueu sube ao escenario do Principal ao abeiro do Salón. Este proxecto interdisciplinar de centro, para alumnado de 12 a 16 anos, fai unha revisión contemporánea e feminista, integramente en lingua galega, da novela do escritor francés Victor Hugo. A novela, de estilo romántico, transcorre na Francia do século XIX e conta unha historia atemporal en que os temas tratados aínda seguen vixentes: a loita pola liberdade, a coraxe ou a revolución do pobo son algunhas das cuestións centrais desta obra, desta volta adaptada á nosa lingua nun formato novo e moderno: o musical.
A obra vai dirixida a un público adolescente e adulto. A entrada é libre até completar cabida
FICHA TÉCNICA:
- Dirección e dramaturxia: Teté García.
- Dirección vocal: Diana Vilas.
- Produción: IES Illa de Ons.
- Asesor vocal: Ramón Bermejo.
- Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio.
- Escenografía e máscaras: Olalla García.
- Asistencia de son: Carolina Portabales.
- Coordinadoras de vestiario e atrezo: Mónica C. Portela, María Romano e Carlota Bernárdez.
- Asesoría lingüística: Anxo X. Rajó
Hora
(Venres) 21:00 - 22:30
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6