O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Na procura do alicornio

09mar12:00Na procura do alicornioRoteiro de pistas pola cidade con Leucoiña Pasea

Detalles do Evento

A partir de 6 anos
Cómpre inscribirse en: paseapontevedra@gmail.com
——–

Os pastequeiros e pastequeiras son sanadores e sanadoras máxicas do rural pontevedrés que empregan palabras secretas, fórmulas máxicas e outros elementos para curar os males que van máis aló da medicina.

A rapazada ten unha misión moi importante que cumplir neste xogo de escape pola cidade, ademáis de coñecer unha chea de curiosidades sobre a figura dos pastequiros e pastequeiras e de aspectos máxicos da tradición galega: a través de pistas, códigos secretos e mesmo conxuros máxicos que deberá descifrar. Tendes que atopar o alicornio ou corno de unicornio, un obxecto de poder fabuloso que debe volver ás mans da súa dona, unha importante meiga pastequeira. Un feiticeiro roubollo con malvados propósitos.

Seredes quen de resolver este misterioso caso e descubrir onde está agochado o alicornio máxico? Pois bulide antes de que o feiticeiro faga das súas na cidade!

Máis

Hora

(Sábado) 12:00(GMT+01:00)

Comparte este evento