abril, 2021

23abr18:30Evento rematadoDESTACADONon o ves? Salvemos o planetaInauguración oficial da XXII edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Detalles do Evento

Os libros salvan o planeta, diso non temos dúbida algunha e ímolo comprobar no espectáculo inaugural do Salón. Acompañaremos a Mariña na súa viaxe á fantástica cidade de Ozbirl, un lugar moi especial onde atopará algunhas sorpresas e persoas marabillosas que saben como cuidar o planeta. Xunto cos libros, o corazón e utilizando o cerebro, lograremos a valentía para ser os/as mellores ecoloxistas.

Neste espectáculo musical actuarán: Mariña Paz, Coro da Xunqueira, Xingro´s Big Band, Silvia Martín e Lucía Franco.
Presenta: Mariña Paz
Dirixe: Marcelo Dobode

Por mor das restricións derivadas da situación sanitaria non se poderá realizar a visita tradicional á sala de exposicións ao remate desta actuación. Lembra que poderás visitar o Salón ata o 9 de maio. Para facelo debes reservar previamente a túa entrada, que é de balde. De luns a xoves podes reservala de maneira presencial. Se vés na fin de semana, resérvaas na nosa web www.salondolibro.gal/programa

Podes ver este espectáculo en streaming na canle de Youtube do Salón do Libro: O Salón TV
Público familiar

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os lugares onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Venres) 18:30

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA! Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Inauguración oficial da XXII edición do Salón do Libro

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X