NUDOS

25mar19:00NUDOSEspectáculo de danza con Da.Te. Danza

Detalles do Evento

Nós brandiños, duros, enormes, pequenos, de tea ou de medo, fríos ou que queiman. Lazos que nos envolven e fan rodar neles…

A través da danza, e con tres intérpretes en escea, Da.Te Danza proponnos un fermoso espectáculo que fala das pegadas que van deixando as experiencias na vida, dos distintos estados de ánimo que estas experiencias poden xerar, e de como todas estas vivencias van facéndonos ser como somos

Prezo: 3€. Dispoñibles en www.ataquilla.com

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os lugares onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Venres) 19:00

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA! Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.