maio, 2021

01mai12:30Evento rematadoO agasallo das árboresContacontos musical con Cris de Caldas e Xabi do Camiño

Detalles do Evento

Información sobre as entradas: As reservas dos asentos fanse por bloques de 1, 2, 3 ou 4 persoas, tal e como están agrupados no plano. Se escolles un bloque de 4 butacas por exemplo, deberás incluír no proceso o nome das 4 persoas que ocuparán esas butacas pero só vas recibir un ÚNICO CÓDIGO QR no teu correo-e, válido para eses 4 asistentes. Todas as persoas que accedan precisan ter asento asignado, independentemente da súa idade.

Sabiades que os tres porquiños máis famosos naceron nunha fermosa fraga galega?

Polas noites, papá porquiño e mamá porquiña contábanlle contos aos seus tres fillos, e polo día recordábanlle que preto deles vivía o lobo…” 

Así comeza un dos contos que Cris de Caldas e Xabi do Camiño nos van regalar nesta sesión coa que, ademais de divertirnos, tomaremos un pouquichiño máis de conciencia sobre o coidado do medio ambiente grazas as súas historias, cheas música e humor.

Público familiar

En caso de choiva trasladarase ao Pazo da Cultura

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Evento no exterior
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os lugares onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. CADA PERSOA DEBE TER UN ASENTO PREASIGNADO, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

AS RESERVAS DOS ASENTOS SON POR BLOQUES de 1, 2, 3 ou 4 persoas, tal e como están agrupados no plano.

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X