Logos O SALON - Concello de Pontevedra

O carro e o home

06abr12:30O carro e o homeSesión de contos, música e ilustracións

Detalles do Evento

Antón Ké e Tania Solla porán música e ilustracións á historia de O carro e o home, un filme documental histórico que relata a vida dos habitantes da aldea de Facós, no concello ourensán de Lobeira.

Público familiar
Acceso libre ata completar cabida

O filme, en branco e negro, foi dirixido por Antonio Román e guionizado entre Xaquín Lorenzo e o propio Antonio Román. Rodouse en 1940 e foi estreado en 1945. Finalizada a rodaxe, o filme quedou sen sonorizar. Xaquín Lorenzo gardou unha copia en Ourense que se restaurou e sonorizou en 1980 grazas ao impulso de Eloy Lozano e a colaboración co Museo do Pobo Galego.

Máis

Hora

6 abril, 2025 12:30(GMT+01:00)

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n

Comparte este evento