O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

O cuco

06mai12:00O cucoCon Marcelo Dobode e Bea Martínez

Detalles do Evento

Espectáculo para crianzas de 0 a 3. Entradas en Ataquilla.com | Prezo: 3€

Das cabeciñas de Marcelo Dobode e Bea Martínez, e das súas experiencias no mundo da educación musical dirixida á infancia, nace este obradoiro-espectáculo no que a cativada e as persoas maiores aprenden, gozan e descobren o mundo das percusións e da arpa neste fermosísimo proxecto musical.
O cuco busca alimentar e desenvolver o ritmo que todas e todos levamos dentro e resulta fundamental para facer medrar a nosa capacidade neuronal, axudando á psicomotricidade e á coordinación.
Utilizaremos bailes, cantos e arrolos para que experimenten as sensacións, vibracións e movementos que se producen ao cantar e bailar, desenvolvendo a capacidade expresiva e creativa.

Máis

Hora

(Sábado) 12:00

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra