marzo, 2020

08mar12:3013:30O esquío rampante, homenaxe a Italo Calvino

Máis

Detalles do Evento

Contocontos, música e debuxo irán da man nesta proposta homenaxe a Italo Calvino de Enrique Mauricio e Carlos Taboada – POLO CORREO DO VENTO –  O esquío rampante é un conto que relata as aventuras que lle suceden a Cósimo, da familia Piogalego de Siador, na procura dun remedio sanador para tratar unha doenza do carballo centenario onde reside esta prole de esquíos. Trátase dunha historia de valores compartidos: de amizade, solidariedade, amor á natureza e coñecemento das árbores e plantas.

Espectáculo familiar, ten nas crianzas de 6 a 12 anos o seu público diana.

Hora

(Domingo) 12:30 - 13:30

Localización

Recinto Feiral

Rúa Alexandre Bóveda, s/n

X