O libro máxico
03mar12:30O libro máxicoSesión de contos e música con Migallas
Detalles do Evento
Cóntase a historia de Rosiña, unha nena que ten que quedar soa na casa facendo os deberes por culpa dun imprevisto que lles xurdiu aos
Detalles do Evento
Cóntase a historia de Rosiña, unha nena que ten que quedar soa na casa facendo os deberes por culpa dun imprevisto que lles xurdiu aos pais. Como as tarefas lle resultan aburridas, decide investigar nun baúl onde os pais gardaron moitas cousas para que non se manchasen coa pintura, pois están a pintar a casa. Alí atopa un libro vello e ponse a ler nel. Tras as primeiras liñas, comezan a pasar cousas estrañas e Rosiña e os seus amigos e amigas, o público, mergúllanse na aventura de piratas que está escrita no libro.
Máis tarde, as nenas e nenos atoparán unha lámpada marabillosa onde habita un xenio moi especial; axudarán a un can abandonado a solucionar os seus problemas e conducirán unha nave espacial por galaxias descoñecidas.
Público familiar
Acceso libre ata completar cabida
Máis
Hora
3 marzo, 2024 12:30(GMT+01:00)
Localización
Recinto Feiral de Pontevedra
Rúa Alexandre Bóveda, s/n