Logos O SALON - Concello de Pontevedra

O lobo feliz

28mar18:00O lobo felizSesión de contos e música con Miguel Guido

Detalles do Evento

Había unha vez un lobo grande e negro que vivía moi lonxe da xente e moi triste, porque ninguén o quería ter cerca.
As historias do temido lobo feroz asustaban a xente que o xulgaba sen coñecelo. El só quería SER FELIZ, así que preguntoulle a outros animais do bosque como facían para seren felices. Mais as receitas dos demais non valían para el, ata que a sabia curuxa o aconsellou cambiándolle a vida…

Miguel Guido contaranos as aventuras e desventuras deste lobo nunha sesión vespertina para todos os públicos.

Público familiar
Acceso libre ata completar cabida

Máis

Hora

28 marzo, 2025 18:00(GMT+00:00)

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n

Comparte este evento