O meu piollo mais eu

26mar17:15O meu piollo mais euObradoiro literario

Detalles do Evento

Información sobre as entradas:
As entradas a través da web están esgotadas. O día da actividade, de xeito presencial, teremos dispoñibles un cupo reducido de entradas.

Que historias pode agochar un título tan suxestivo? Vén descubrilo a este divertido obradoiro literario, baseado no libro do mesmo nome de Txabi Arnal e Malota.

“Pero adoita suceder que, en ocasións, o incómodo tamén resulta atractivo. E non, non é o malo desta película. De selo, a nosa obra estaría encabezada por outro título como, por exemplo: EU CONTRA O PIOLLO ou DUELO NA MIÑA CABEZA pero non é o caso. O MEU PIOLLO E MAIS EU é un álbum, obra literaria, onde a imaxe e a palabra escrita únense para dar forma ao texto definitivo, á proposta artística dos seus autores. Álbum, sinónimo de lectura pausada, detallada, ideal para ser compartida entre neno e adulto. E daquilo que se comparte, adoita nacer a afección. Terminamos como se adoita terminar: polo final. Pero non vos esperedes do MEU PIOLLO E MAIS EU unha conclusión predicible, senón máis ben un final cómplice, capaz de regalar ao lector un sorriso a pesar do tráxico de. Non daremos máis pistas. Estas son as intencións que guiaron o labor dos autores, e esta é a expectativa que, de corazón, desexamos se cumpran nos nosos lectores: que gocedes deste libro e oxalá, de cando en vez, regresedes a el, e volvades sentir os proídos e as ômolestiasö causadas polo noso piollo”.

A partir de 7 anos

 

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

Os obradoiros teñen un aforo limitado. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores que accedan a calquera das actividades do Salón deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir, escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Obradoiro literario

As entradas xa non están á venda para este evento!