O Papalibros 3020 MaxPRO
02mar18:45O Papalibros 3020 MaxPROObradoiro de paste-up con Sofia Venzel e Michel Casado
Detalles do Evento
De 5 a 8 anos. 1 horaReserva a túa praza! OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo
Detalles do Evento
De 5 a 8 anos. 1 hora
Reserva a túa praza!
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!
—-
Imos facer un mural coa técnica do paste up transformando follas de libros vellos en creacións artísticas coa axuda da nosa singular máquina. O PAPALIBROS 3020 MaxPRO.
O paste up é unha técnica empregada habitualmente na arte urbana que consiste en usa imaxes impresas ou debuxos para facer composicións e pegalas coa axuda de cola. Os artistas preparan as suás obras con antelación en estudos ou talleres e despois transfírenas a lugares públicos de xeito temporal. Este método posibilita unha expresión artística efémera e a posibilidades de cambiar ou renovar as obras con facilidade. Trátase dunha técnica pouco invasiva, durable, pero que se pode eliminar totalmente sendo o material final completamente reciclable.
PAPALIBROS 3020 MaxPRO é a máquina definitiva que transforma palabras en creacións artísticas. Este inxenio, de última xeración, escanea cada páxina e converte a narrativa nunha explosión visual. O PAPALIBROS 3020 MaxPRO vai redefinir a maneira en que experimentamos os libros.
Anímate e participa neste obradoiro!
—– —–
Máis
Hora
(Sábado) 18:45(GMT+01:00)
Localización
Recanto de É ou non é
Pazo da Cultura de Pontevedra, rúa Alexandre Bóveda s/n
Lembra!
Os obradoiros teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha experiencia única. Sede puntuais, por favor, porque as prazas vanse reservar ata a hora de comezo da actividade. De non cubrirse nese momento, quedarán liberadas para as persoas en listaxe de agarda
Reserva de entrada
Obradoiro de Paste-Up