O paraugas dameaugas

22mar18:00O paraugas dameaugasSesión de contos con Anxo e Brais Moure

Detalles do Evento

Entrada libre ata completar o aforo. O acceso á actividade farase desde 10 minutos antes da hora de comezo. NON é necesario retirar ningún tipo de entrada. Recomendámosche que chegues un pouco antes da hora da actividade para asegurar o sitio.

“Dáme augas, dáme augas.
Co cantar das túas bágoas
enche ríos enche fontes
cando esvares polos montes”

Anxo Moure é unha das voces máis populares do noso querido Salón, e veterana! Hoxe, Día Mundial da Auga, acompañaranos xunto a Brais Moure para contarnos historias co medio natural, os seus habitantes e o seu coidado, como protagonistas. O paraugas dameaugas é tamén un libro escrito por Anxo Moure e Cristina Ouro.

Público familiar

Entrada libre ata completar aforo

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Martes) 18:00

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n