Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Oh la dilan dilo, descubrindo bailes e melodías bretoas

22mar17:00Oh la dilan dilo, descubrindo bailes e melodías bretoasObradoiro de música e danza con Bleuen Le Friec

Detalles do Evento

Da man da nosa amiga, a arpista bretoa Bleuen Le Friec, descubriremos algunhas das danzas e melodías dunha parte moi especial de Francia: a Bretaña.
A música bretoa é alegre, rítmica e perfecta para bailar en grupo! Neste obradoiro, os nenos e nenas a partir de 6 anos mergullaranse nunha experiencia chea de movemento, cancións e diversión. A través do xogo e da participación activa, aprenderemos melodías tradicionais, exploraremos os seus ritmos e bailaremos como se fixo durante xeracións en Bretaña.

Non fai falta saber cantar nin bailar, só ter ganas de probar algo novo, moverse en grupo e gozar da música dunha maneira diferente. Unha oportunidade perfecta para descubrir unha nova cultura a través da voz, o corpo e o ritmo!
Bleuenn Le Friec é unha arpista bretoa, galega de adopción. Formada em arpa celta e clássica, e é con este instrumento que desenvolve hoxe a súa vida musical (Real Filharmonía de Galicia, Orquesta del Gran Teatre del Liceu, …) como na música de raíz galega (Zumaque, Uxía, Xoan Curiel,…).

Vén bailar canda nós!

A partir de 6 anos

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!

O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Por favor, preséntate antes da hora, se 5 minutos antes non estás liberaremos a praza. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!

Máis

Hora

22 marzo, 2025 17:00(GMT+01:00)

Comparte este evento

Reserva de entrada

As entradas xa non están á venda para este evento!