Os contos de Candelaria, a biblioteca estrafalaria

12mar12:30Os contos de Candelaria, a biblioteca estrafalariaSesión de contos. Cris de Caldas e Xabi do Camiño

Detalles do Evento

Érase unha vez, unha bibliotecaria chamada Candelaria que compartíu comigo os libros máis espectaculares e as historias máis sorprendentes. Acudín a ela para que ensinara os seus tesouros e así o fixo, coa condición de que llos contara a un público que tivera orellas e ouídos merecentes de tales sorpresas.
Así é como ando na busca dese público ideal para os contos de Candelaria, levando unha chea de contos pop-up, libros xogo, libros silenciosos que contan moito, libros grandes e libros pequenos. Libros con moita arte que farán gozar a maiores e pequenos que levarán un “oh!” no seu corazón.

Público familiar

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Sábado) 12:30

Localización

Recinto Feiral

Rúa Alexandre Bóveda, s/n

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As sesións de contos teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores que accedan a calquera das actividades do Salón deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir, escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Cris de Caldas e Xabi do Camiño Contacontos

As entradas xa non están á venda para este evento!