marzo, 2020

14mar11:3012:30Os monstros tamén poden ser divertidos

Máis

Detalles do Evento

Que risa!  Os monstros poden ser os mellores compañeiros de xogos: tolos, riseiros, divertidos. Neste obradoiro  artístico de FRANCISCO SÁNCHEZ VILLANUEVA a cativada aprenderá a debuxar monstros e outros seres arrepiantes dándolles unha volta para que, en vez de medo, provoquen gargalladas.  Utilizarán as técnicas de debuxo e do collage. E aprenderán un xeito infalible para non terlle medo a ningún espanto.

O obradoiro vai dirixido a nenas e nenos a partir dos 4 anos. Ten prazas limitadas.

Hora

(Sábado) 11:30 - 12:30

Localización

Pazo da Cultura

Alexandre Bóveda s/n - 36005

X