O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Os multiversos imaxinados de Cris Haughton

29abr12:00Os multiversos imaxinados de Cris HaughtonObradoiro para bebés con Arkhé Espazo Educativo

Detalles do Evento

De 1 a 4 anos + 1 persoa adulta acompañante
Duración aproximada: 50 min.
CADA PERSOA DEBE TER ENTRADA, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA IDADE. CADA BEBÉ DEBE IR ACOMPAÑADO/A DUNHA (1) SOA PERSOA ADULTA ACOMPAÑANTE

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!


Poucos autores son tan facilmente recoñecibles a simple vista como Chris Haughton. Unha base estética minimalista, unha liña característica, cores planos e vibrantes con grandes volumes, transpórtannos de xeito case inmediato ao seu propio imaxinario. Presentamos unha coidada experiencia sensorial inmersiva de xogo, composta por 4 ambientes interconectados formando un único escenario lúdico deseñado para crear novas oportunidades de aprendizaxe. As cores dos libros transfórmanse en luz e os elementos da narración en obxectos de xogo.

espacioarkhe.com

Máis

Lembra!

Os obradoiros teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha experiencia única. Sede puntuais, por favor, porque as prazas vanse reservar ata a hora de comezo da actividade. De non cubrirse nese momento, quedarán liberadas para as persoas en listaxe de agarda.

Reserva de entrada

Os multiversos imaxinados de Cris Haughton

Obradoiro para bebés con Arkhé Espazo Educativo

As entradas xa non están á venda para este evento!