Os tres porquiños

27mar12:30Os tres porquiñosSesión de contos, música e monicreques. Bea Campos e Manuel Pombal

Detalles do Evento

Entrada libre ata completar o aforo. O acceso á actividade farase desde 10 minutos antes da hora de comezo. NON é necesario retirar ningún tipo de entrada. Recomendámosche que chegues un pouco antes da hora da actividade para asegurar o sitio.

Espectáculo teatral para os máis pequenos e pequenas con monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo. Unha proposta coidada e visual a partir dun dos contos tradicionais máis coñecidos da literatura infantil. Sons, texturas e cores captan a atención dos nenos e nenas nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia.

Público familiar. A partir de 6 meses
Entrada libre ata completar o aforo

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n