Outra arte é posible

16mar19:30Outra arte é posibleUnha nova ollada cara ó panorama artístico galego

Detalles do Evento

Entrada libre ata completar o aforo

Faladoiro arredor da creación artística contemporánea. Contaremos con integrantes do Espazo Brétema, unha asociación dedicada á difusión e catalogación do panorama cultural galego. O proxecto esta conformado por catro historiadoras da arte: Sandra Capelo Souto, especializada en xestión cultural e historia do cine; Marina Loureiro, especializada en xestión cultural e o mundo sacro; Jennifer Novoa, especializada en xestión cultural e historia da fotografía; Aroa Outón, artista plástica; e Tania Dorribo, especializada en historia antiga.

A través deste proxecto saímos na defensa dun colectivo que se atopa practicamente sen opcións a hora de expor o seu traballo en medios que non sexan os propios. As artistas emerxentes contan cun talento e unha formación que apenas se proxecta cara o exterior xa que hai unha falta de facilidades á hora da divulgación que favoreza a súa consagración. A raíz disto queremos marcar un precedente na catalogación da Arte Contemporánea Galega que está a xurdir.

Público adulto

Entrada libre ata completar o aforo

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada