Para lerte mellor
27abr18:00Para lerte mellorSesión de contos con Raquel Queizás


Detalles do Evento
Raquel Queizás vén coa maleta cargada de historias para nos contar no Salón. Animais que falan, paisaxes fabulosos, soños, bruxas, feitizos, seres fantásticos… calquera deles e delas pode
Detalles do Evento
Raquel Queizás vén coa maleta cargada de historias para nos contar no Salón. Animais que falan, paisaxes fabulosos, soños, bruxas, feitizos, seres fantásticos… calquera deles e delas pode ser protagonista. Queres coñecelos? Achégate a nosa Biblioteca a escoitala!
Público familiar. Acceso libre ata completar cabida
——- ——- ——-
Raquel Queizás
“Son actriz, monicrequeira, filóloga, e sobre todo, contadora de historias. O meu repertorio inclúe contos tradicionais, lendas de cada recuncho, adaptacións de contos de autor e historias propias. Nos meus espectáculos o público é un elemento fundamental, grandes e cativos entran a formar parte da historia. Nas miñas montaxes a participación activa e o humor son pezas clave. Quizais fose polos contos que me contaba a miña avoa (porque a memoria dos antepasados non só é vida, senón sabiduría pura), quizais porque a nena que levo dentro segue soñando con ese mundo de fantasía, fose como fose, os contos forman parte da miña vida persoal e profesional dende fai vinte anos”.
Máis
Hora
(Xoves) 18:00