O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Patapatún

17mar12:00PatapatúnEspectáculo para bebés co Mago Paco

Detalles do Evento

Neste divertido espectáculo o Mago Paco saca a súa faceta máis tenra para achegar o mundo da maxia ás nenas e nenos máis cativ@s a través de xogos, disfraces, cancións, bonecos, historias… De súpeto, todo ten maxia… todo é maxia! So hai que berrar ben forte… PATAPATÚN TUN TUN !!!

Agardámoste!
De 1 a 4 anos. Entradas en ataquilla.com Prezo 3 €
Lembramos que para facilitar o control da capacidade máxima do espazo, é preciso que todas as persoas conten con entrada independente da súa idade e de se ocupan ou non asento. Cada bebé deberá estar acompañado dunha (1) persoa adulta.

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!

Prezo da entrada: 3 €. Podes reservala de maneira anticipada e pagala o día da función.

Para facer efectiva a reserva de entrada con custe (3€) é preciso efectuar o pagamento na billeteira situada no acceso da actividade (A Cova dos Libros Fantásticos, Pazo da Cultura de Pontevedra). A billeteira estará aberta o mesmo día do espectáculo desde 30 minutos antes da función.

ATENCIÓN: as entradas quedarán liberadas 5 minutos antes do inicio do espectáculo se non foron recollidas antes desa hora. Grazas!

O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!

Máis

Hora

(Domingo) 12:00(GMT+01:00)

Lembra!

Os obradoiros teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha experiencia única. Sede puntuais, por favor, porque as prazas vanse reservar ata a hora de comezo da actividade. De non cubrirse nese momento, quedarán liberadas para as persoas en listaxe de agarda

Comparte este evento

Reserva de entrada

As entradas xa non están á venda para este evento!