O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Patapatún

17mar17:30PatapatúnEspectáculo para bebés co Mago Paco

Detalles do Evento

Neste divertido espectáculo o Mago Paco saca a súa faceta máis tenra para achegar o mundo da maxia ás nenas e nenos máis cativ@s a través de xogos, disfraces, cancións, bonecos, historias… De súpeto, todo ten maxia… todo é maxia! So hai que berrar ben forte… PATAPATÚN TUN TUN !!!

Agardámoste!
De 1 a 4 anos. Entradas en ataquilla.com Prezo 3 €
Lembramos que todas as persoas, independentemente de se ocupan asento ou non, deben ter unha entrada. Cada bebé deberá estar acompañado dunha (1) persoa adulta. Grazas

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!

Prezo da entrada: 3 €. Podes reservala de maneira anticipada e pagala o día da función.

Para facer efectiva a reserva de entrada con custe (3€) é preciso efectuar o pagamento na billeteira situada no acceso da actividade (A Cova dos Libros Fantásticos, Pazo da Cultura de Pontevedra). A billeteira estará aberta o mesmo día do espectáculo desde 30 minutos antes da función.

ATENCIÓN: as entradas quedarán liberadas 5 minutos antes do inicio do espectáculo se non foron recollidas antes desa hora. Grazas!

O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!

Máis

Hora

(Domingo) 17:30(GMT+01:00)

Lembra!

Os obradoiros teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha experiencia única. Sede puntuais, por favor, porque as prazas vanse reservar ata a hora de comezo da actividade. De non cubrirse nese momento, quedarán liberadas para as persoas en listaxe de agarda

Comparte este evento

Reserva de entrada

As entradas xa non están á venda para este evento!