Paxaro amigo, músicas para a paz 

20mar19:00Paxaro amigo, músicas para a paz Mamacabra

Detalles do Evento

Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle picóns por todo o corpo, desde o cocote ata a punta do pé. Discordia goza facendo que todos os animais e os humanos se leven mal, e come olivas como unha tola. Menos mal que ten unha curmá fada, pois xa se sabe que na familia haiche de todo… Un día algo acontece que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre… 

“Paxaro amigo, músicas para a paz” é un espectáculo musical dirixido por Pepablo Patinho de Teatro Ghazafelhos e inspirado no libro de Mamá Cabra “A Bruxa discordia”. 

Prezo: 3€. Entradas en www.ataquilla.com
Público familiar

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os lugares onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Domingo) 19:00

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA! Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.