marzo, 2020
08mar11:3012:30Perigo, cacas espaciais!
Detalles do Evento
Atención humanos! O planeta Terra está a piques de recibir unha sorprendente visita. Que serán esas cousas que veñen do espacio exterior? Serán marcianos que veñen a invadirnos? Serán meteoritos
Máis
Detalles do Evento
Atención humanos! O planeta Terra está a piques de recibir unha sorprendente visita. Que serán esas cousas que veñen do espacio exterior? Serán marcianos que veñen a invadirnos? Serán meteoritos que van chocar coas nosas cidades? Serán Venusianas que veñen a ver a nosa tecnoloxía?… QUE SON? E porque escintilan na escuridade? Son… son… CACAS ESPACIAIS!
Obradoiro no que as crianzas aprenderán a crear alucinantes cacas espaciais con caras súper divertidas e que, ademais, brillarán na escuridade. É a proposta que trae ANXO FARIÑA para nenas e nenos de 3 a 8 anos, acompañados por adultos. Con cabida limitada.
Hora
(Domingo) 11:30 - 12:30
Localización
Pazo da Cultura
Alexandre Bóveda s/n - 36005