Pintamos a cidade

13mar12:00Pintamos a cidadeObradoiro de pintura mural. Espacio Matrioska

Detalles do Evento

Obradoiro de pintura mural

Legado pictórico cultural. Intervencións rupestres na cidade de cemento.
Que simbolizaban os nosos antecesores nas súas paredes? Que imaxes imprimiriamos nós actualmente para que as nosas xeracións futuras entendan como fomos?
Este xogo permítenos reflexionar sobre o que somos, fomos e seremos, para seguir construíndo a nosa paisaxe simbólica.
Que representa un petroglifo? Por que os nosos devanceiros representaban un cervo? Como símbolo da caza? Da abundancia?
Que farías ti para que as persoas do futuro entendan como somos?
Con esta intervención queremos traer as raíces ao contexto actual, para non esquecer e para crear un vínculo entre o que fomos e o que somos.

A partir de 8 anos

Ollo!
Non esquezas reservar a túa praza en espaciomatrioska@gmail.com

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Domingo) 12:00

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.