Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Pitiminí

29mar18:30PitiminíContos e música para bebés con Iria Pinheiro e Davide González

Detalles do Evento

Espectáculo sensorial deseñado especialmente para a cativada máis miúda e para ás súas familias. Unha viaxe musical con melodías e sons que estimulan a curiosidade dos bebés nun ambiente seguro e acolledor. Davide González e Iria Pinheiro continúan creando teatro familiar despois da súa traxectoria conxunta en diferentes compañías. A súa bagaxe profesional en varias disciplinas ao redor das artes escénicas fai de Pitiminí un completo menú artístico que fomentará nas crianzas o desenvolvemento emocional e cognitivo a través da danza, da música, do teatro de obxectos e da poesía

Duración 30 min

De 0 a 3 anos

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!

Cada persoa necesita ter a súa praza, independentemente da súa idade. Cada bebé deberá ir acompañado dunha soa (1) persoa adulta

Prezo da entrada: 3 €. Podes reservala de maneira anticipada e pagala o día da función. Cada persoa necesita ter a súa entrada, independentemente da súa idade.

Para facer efectiva a reserva de entrada con custe (3€) é preciso efectuar o pagamento na billeteira situada no acceso da actividade (A Cova dos Libros Fantásticos, Pazo da Cultura de Pontevedra). A billeteira estará aberta o mesmo día do espectáculo desde 30 minutos antes da función.

ATENCIÓN: as entradas quedarán liberadas 5 minutos antes do inicio do espectáculo se non foron recollidas antes desa hora. Grazas!

O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón. Moitas grazas!

Máis

Hora

29 marzo, 2025 18:30(GMT+01:00)

Comparte este evento

Reserva de entrada

As entradas xa non están á venda para este evento!