abril, 2021

24abr17:30Evento rematadoPlaneta en obrasContacontos. Brais das Hortas

Detalles do Evento

O noso planeta cambia. Sempre o fixo.
Pero agora cambia e quéntase pola nosa culpa, por culpa de como vivimos e como destruímos o equilibrio da natureza.

É preciso que nos poñamos mans á obra!
Por nós e polo planeta!
Hai que atopar outra maneira de estar no mundo. Unha nova… ou quizais non tan nova?

Conto a conto, canción a canción, iremos xuntando pasado e presente para atopar un camiño cheo de vacas, cans, vellas, xente daquí e de Angola… cheo de ritmos e instrumentos vellos e novos, pandeiretas e berimbaus con guitarras e loop-stations.

Contos e cantos para comprendernos mellor a nós e ao que nos rodea.
Outro punto de vista, o que nos propón Brais das Hortas para construírmos entre todas un novo Planeta en Obras.

Público familiar
(En caso de choiva a actividade trasládase ao Pazo da Cultura)

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os lugares onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA! Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Planeta en obras. Contacontos. Brais das Hortas.

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X