maio, 2021

02mai18:00Evento rematadoPlástico no Mar. Cambiemos o conto!Obradoiro ambiental. Estefanía Padullés

Detalles do Evento

A través da aventura de Iria, unha nena que atopa unha londra mariña (Maruxa) que enfermou por mor de comer plástico, concienciaremos á cativada da necesidade de reducir o uso de plásticos. Coas fichas didácticas do interior do libro, buscaremos solucións para facer un mundo máis sostible e descubriremos que para iso contamos coa grande axuda duns expertos en vivir sen plásticos: os nosos avós e avoas.

En caso de choiva a actividade trasladarase ao Pazo da Cultura

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Evento no exterior
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Plástico no Mar. Cambiemos o conto! Obradoiro ambiental

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X