Poesía visual

06mai11:30Poesía visualObradoiro de ilustración con Iván R.

Detalles do Evento

O autor da ilustración do Salón este ano Iván. R dirixe este obradoiro co que convertiremos a poesía en imaxe e a imaxe en poesía. Iván conta cunha ampla traxectoria como ilustrador no mundo da literatura, a publicidade e mesmo a moda. Tivemos a sorte de telo nalgunha edición do Salón impartindo obradoiros de ilustración.

Qué relación hai entre unha mazá e o fondo do océano?
Neste obradoiro viviremos unha experiencia de debuxo e escritura na que cociñaremos pequenos poemas visuais analizando a relación entre palabra e a imaxe. Veremos referencias e analizaremos casos para finalmente levar a cabo a nosa proposta de creación espontánea.

Anímate e participa!
A partir de 6 anos

Máis

Reserva de entrada

Poesía visual. Obradoiro de Ilustración

Iván. R

As entradas xa non están á venda para este evento!