Retratos ilustrados

12mar17:30Retratos ilustradosObradoiro de fotografía e ilustración. 7H Cooperativa Cultural

Detalles do Evento

Obradoiro de fotografía e ilustración

Se foses unha personaxe dalgún dos teus libros favoritos, cal serías? Neste obradoiro converterémonos nas protagonistas das historias que nos fan viaxar a novos e fantásticos mundos da literatura. A través da combinación dos recursos da fotografía e da ilustración, construíremos a nosa propia personaxe de ficción dotándoa de personalidade, outorgándolle un aspecto físico e xerando o seu universo de acción. Durante o proceso, exploraremos a diversidade de xeito transversal, afastándonos dos arquetipos e dos estereotipos de xénero, e aprenderemos a botar man da #creatividadecooperativa, pois as mellores historias nacen sempre da suma de ideas!

De 6 a 9 anos

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

Os obradoiros teñen un aforo limitado. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores que accedan a calquera das actividades do Salón deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir, escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Retratos Ilustrados

As entradas xa non están á venda para este evento!