Ris Ras

30abr17:30Ris RasMúsica e contos con Baobab Teatro

Detalles do Evento

É un espectáculo que nos fará viaxar a través da música, xogos, enredos e historias tradicionais da man dun trasno que nace do amor entre Catarina e Lourenzo (A Lúa e o Sol).

Ris, ras
aparta “pa” alá
que perdo o compás
Ris, ras
aparta “pa” alá
que perdo o compás

Ris Ras dá continuidade ao proxecto de investigación sobre a nosa lingua galega que Baobab Teatro iniciou no 2017 denominado: “Puño puñete”, co obxectivo de pór en valor a nosa lingua, profundizar nos ditos populares, refráns, poemas, lerias e enredos menos coñecidos para que non se esquezan.
De 0 a 6 anos. Espectáculo de balde. Acceso libre ata completar cabida.
www.baobabteatro.com

Máis