Art´n´Rock

26mar19:00Art´n´RockConcerto

Detalles do Evento

Espectáculo musical a cargo dos alumnos e alumnas do programa Rock Lab

No concerto teremos o seguinte programa:

Pánico na galería (4-5 anos)
Unha galería virtual interactiva e grandes pintores e pintoras interrogados por Jessica Fletcher para saber quen lle cortou a orella a Van Gogh. En cada sala interrogaremos a diferentes artistas e coñeceremos a súa obra: Frida, Matisse, Gaudí, Castelao

Tambores na escuridade (6 anos)
A luz e a sombra… elementos esenciais da cor que nos trasladan a mundos únicos e fantásticos… 
Nesta proposta musical, o alumnado do Rock Lab ambientará a golpe de percusión e texturas sintéticas, unha historia contada a través das sombras e das cores facendo un repaso pola historia da emigración galega. 

Onde está Bansky (7-8 anos)
A lenda do artista urbano máis famoso do mundo… Quen é en realidade Banksy? Baseándonos como banda sonora en Massive Attack, grupo ao que se lle atribuía a súa vinculación, poderemos ver unha representación da historia deste artista e a visión crítica da sociedade representada a través do graffiti e o rock and roll!!

Ladróns a todo ritmo (8-9 anos)
Un equipo de ladróns semiprofesionais ao máis puro estilo Ocean’s 11 intentarán facerse con pezas de Laxeiro, Urbano Lugrís e Castelao a golpe de ritmos e músicas de persecución e intriga. O rock and roll máis acelerado de Elvis Presley, Blues Brothers ou The Jon Spencer Blues Explosion será a banda sonora que coloree a escena destes amantes da arte.

Contos eléctricos (9-11 anos)
Unha orquestra de 12 alumnos e alumnas, coa dirección da nosa peculiar orquestra de ruído, interpretarán historias musicais que farán referenza aos artistas homenaxeados do Salón do Libro.

Entrada de balde. É precisa a reserva en www.ataquilla.com

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os lugares onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Sábado) 19:00

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA! Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.