maio, 2021

09mai19:00Evento rematadoRock para salvar o planetaEspectáculo musical de clausura

Detalles do Evento

Podes velo tamén en streaming

Información sobre as entradas: As reservas dos asentos fanse por bloques de 1, 2, 3 ou 4 persoas, tal e como están agrupados no plano. Se escolles un bloque de 4 butacas por exemplo, deberás incluír no proceso o nome das 4 persoas que ocuparán esas butacas pero só vas recibir un ÚNICO CÓDIGO QR no teu correo-e, válido para eses 4 asistentes. Todas as persoas que accedan precisan ter asento asignado, independentemente da súa idade.

Espectáculo de clausura do Salón do libro a cargo dos alumnos e alumnas de RockLab. O concerto conta con tres partes musicais. Estas!

20.000 notas nun viaxe submarino: 

Os/as máis pequenos/as do Rocklab propóñennos unha viaxe a bordo do Nautilus, a nave onde o Capitán Nemo surcou aquelas 20.000 leguas dentro do submarino para descubrir verdadeiras marabillas. Esta vez farano en calidade de  “musico-activistas” medioambientais e amosarán a súa visión do perigo que corren os ecosistemas mariños a golpe de música electrónica, percusión e expresión escénica. 
 

Punk bechos:  

A rebelión dun mundo en miniatura. Unha historia onde os alumnos/as relatarán unha historia musical desde o punto de vista duns seres esenciais para o desenvolvemento da vida na terra…Os bechos!!!! Unha historia cargada de sons extraordinarios creados a partir de sintetizadores e instrumentos virtuais, acompañados de elementos de percusión. 

Cantantes un pouco mutantes: 

Hai algo máis emocionante que participar nun auténtico musical ao máis puro estilo Broadway? E se os/as músicos e cantantes son unha banda de mutantes? Rocklab presenta a primeira aposta pola creación polo noso alumnado dunha historia musical tomando como referencia os grandes clásicos do cine musical como pode ser Singing in the Rain, Grease ou West Side Story

Público familiar

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os lugares onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Domingo) 19:00

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. CADA PERSOA DEBE TER UN ASENTO PREASIGNADO, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

AS RESERVAS DOS ASENTOS SON POR BLOQUES de 1, 2, 3 ou 4 persoas, tal e como están agrupados no plano. Se escolles un bloque de 4 butacas por exemplo, deberás incluír no proceso o nome das 4 persoas que ocuparán as butacas pero SÓ VAS RECIBIR UN ÚNICO CÓDIGO QR no teu correo-e, válido para esas 4 persoas.

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X