O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Rockus Pocus

17mar18:30Rockus PocusClausura oficial da XXV edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra con Rock Lab e a Orquestra Sinfónica de Pontevedra

Detalles do Evento

Para celebrar o XXV aniversario de Salón e clausurar a presente edición, Rocklab prepara un espectáculo único e irrepetible: un musical para todas as idades interpretado por nenas e nenos de 4 a 12 anos. No espectáculo catro contacontos guiarán ao público por catro historias sobre personaxes do mundo da maxia relacionándoas con músicas dos últimos 70 anos. Rap, funk, rock da man das máis pequenas da cidade e esta vez… coa colaboración especial  da Orquestra Sinfónica Infantil de Pontevedra

Espectáculo de balde, é preciso reservar os convites en ataquilla.com
Lembramos que para facilitar o control da capacidade máxima do espazo, é preciso que todas as persoas conten con convite independente da súa idade e de se ocupan ou non asento.
Público familiar

Máis

Hora

(Domingo) 18:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Comparte este evento