A RODALIBROS DESTA TARDE SUSPÉNDESE POR MOR DA CHUVIA. Grazas!
Rodalibros é a nosa biblioteca viaxeira, un vehículo moi singular co que percorreremos as parroquias e espazos do centro urbano de Pontevedra. Se a ves, non o dubides… achégate e participa! En cada parada teremos libros , moitos libros! E organizaremos divertidos obradoiros para a rapazada. Os libros viaxeiros do Salón máis en movemento ca nunca! Cada día nun lugar, hoxe no local social de Devesa, Alba.