abril, 2021

24abr11:3013:30Rodalibros do Salón (cancelado por previsión meteorolóxica).A nosa biblioteca viaxeira, no Miradoiro de Monte Porreiro

Detalles do Evento

Este ano os libros do Salón van estar máis en movemento ca nunca. Rodalibros é a nosa biblioteca viaxeira, un vehículo moi singular co que percorreremos todas as parroquias e espazos naturais de Pontevedra.  Se a ves, non o dubides… achégate e participa!  En cada parada teremos libros , moitos libros! E organizaremos divertidos obradoiros para a rapazada. Cada día nun lugar e hoxe en Monte Porreiro.

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.
X
X