abril, 2021

24abr12:45Evento rematadoSabes que é un ECOPUP?Obradoiro Creativo. Anxo Fariña

Detalles do Evento

A reciclaxe é unha das actividades fundamentais para coidar o planeta. Sábeo moi ben Anxo Fariña, quen nos propón un obradoiro creativo para construírmos un minilibro con materiais usados e elementos de pop-up moi divertidos.

Recomendado de 6 a 11 anos
(En caso de choiva a actividade trasládase ao Pazo da Cultura).

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Evento no exterior
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Sabes que é un ECOPUP? Obradoiro creativo con Anxo Fariña

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X