Salón de marabillas salvaxes

11mar18:30Salón de marabillas salvaxesInauguración oficial da XXIII edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Detalles do Evento

A cerva Clementina e a raposa Livia volven ao Salón con novas historias e novas cancións. Mais desta volta non só estarán acompañadas da banda dos gatos salvaxes, na que o jazz corre polas poutas de Tilín, Chusón e Mijau -bestas pertencentes ao Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra-, senón que outros moitos animais se unen á festa para demostrar que a arte e a creatividade non son algo único e exclusivo das persoas humanas, xa que na vida salvaxe hai tamén moito enxeño. As bestas que participan deste gabinete de marabillas traerán contos, música, danza e moitas ganas de festexar esta nova edición do Salón!  

Presentan: María Lado e Lucía Aldao (AldaoLado)
Participan: Seminario Permanente de Jazz; Coro da Xunqueira, Alba Troiteiro, Ballet de Galicia, Isaak Aranberri e Andrea García.

Espectáculo de balde. Reserva a túa entrada en www.ataquilla.com
Público familiar e nenos e nenas a partir de 5 anos

Logo da inauguración abriremos as portas do Salón para facer unha visita libre pola Sala de Exposicións.

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os lugares onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Venres) 18:30

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA! Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.