marzo, 2020

07mar18:3019:30Segnalibri per tutti

Máis

Detalles do Evento

O país convidado do Salón, Italia, estará no Ganapán, o espazo infantil do Mercado, e non tan só coa gastronomía. A proposta da asociación MATER LINGUA nesta ocasión é un obradoiro de creación de marcadores de páxina (segnalibri). A rapazada fará os marcadores con material de papelería (cartolinas, purpurina, rotuladores, pinturas, adhesivos…) baixo a mirada de Francesca Verde, Claudia Loddo, Ornella Fornari e Ramona Ghezza.

Dirixido a nenas e nenos de máis de 3 anos. O acceso é de balde, porén é preciso inscribirse no enderezo: oganapan@omercado.gal

Hora

(Sábado) 18:30 - 19:30

Localización

O Ganapán do Mercado

Rúa Serra

X