Senta que hai baile

27mar19:00Senta que hai bailePesdelán

Detalles do Evento

ESPECTÁCULO DE CLAUSURA

Se a vosa idea é que por causa da COVID-19 non ides poder volver bailar, estades nun grande erro! Os de Pesdelán argallaron a maneira de bailar cumprindo todas as medidas de seguridade desta nova época que nos toca vivir. e vánnolo demostrar no espectáculo co que imos clausurar o Salón por este ano: Senta, que hai baile!

Nel a banda vai interpretar unha selección das súas mellores pezas e as dúas mestras aprenderannos, dunha maneira moi sinxela, como se bailan. No repertorio botaremos man de bailes do mundo, centrándonos nos galegos.
Animádesvos a botar un baile?

Público familiar
Prezo: 3€. Dispoñibles en www.ataquilla.com

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os lugares onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Domingo) 19:00

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA! Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.