Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Sentinelas da Lúa Carmesí (partes 1 e 2)

01abr19:00Sentinelas da Lúa Carmesí (partes 1 e 2)Faladoiro VIP

Detalles do Evento

Andrés Castro e Alexendre Senande protagonizan este faladoiro sobre Sentinelas da Lúa Carmesí.

Desde os albores dos tempos, seres míticos e humanos coexistían en paz e harmonía. Pero un día, os homes comezaron a perseguir o que non comprendían. Tres mouras foron confundidas con bruxas e condenadas á fogueira. Unha delas fuxiu, propagando unha maldición que case acaba coa humanidade enteira. 
As criaturas mitolóxicas acordaron entón manter a moura encerrada mediante un conxuro ligado á non intervención do humano devir. A lenda di que unha cría humana será quen volverá unir ambos os mundos…

Faladoiro VIP aberto ao público xeral. Acceso libre ata completar a cabida

Máis

Hora

1 abril, 2025 19:00(GMT+01:00)

Localización

Sala VIP do Pazo da Cultura

Pazo da Cultura de Pontevedra, rúa Alexandre Bóveda s/n

Comparte este evento