Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Son animal

22mar18:00Son animalMúsica e contos + sinatura de libros

Detalles do Evento

Paco Nogueiras vainos facer bailar e… moito a primeira tarde do Salón!

O músico presentará Son animal O seu novo traballo (do que ao remate do concerto asinará exemplares). O bruar da vaca, o miañar do gato, o ladrar do can, o cacarexar da galiña… Ecos do mundo animal que inspiran os doce temas deste divertido libro-disco co que gozaremos de diferentes estilos musicais. As ilustracións de Marc Taeger, de trazos grosos, con fondos coloridos e luminosos, acentúan os riscos característicos dos animais, reforzando o sentido do humor e o afecto que producen os intérpretes desta singular orquestra.

Público familiar
Acceso libre ata completar cabida

Máis

Hora

22 marzo, 2025 18:00(GMT+01:00)

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n

Comparte este evento