marzo, 2020
Detalles do Evento
Ter unha irmá maior pode soar moi guai, pero Lira non ten moita sorte coa súa irmá Sarela. En realidade son o día e a noite: Lira é faladora, ten
Máis
Detalles do Evento
Ter unha irmá maior pode soar moi guai, pero Lira non ten moita sorte coa súa irmá Sarela. En realidade son o día e a noite: Lira é faladora, ten a cabeza chea de paxaros e encántalle facer bromas. E Sarela é tímida, moi ordenada e súper seria. Non é moi divertido ter unha irmá tan tan seria, unha acaba fartándose… e aburríndose. Así que un día, Lira proponse rematar con esa seriedade dunha vez por todas. Haberá algo neste mundo que divirta a Sarela? Foi sempre así ou é que se esqueceu de rir co paso do tempo? Lira comeza a investigar e, sen querer, acabará descubrindo o misterio de Sarela Súper Seria.
Súper Seria é un conto con música escrito e interpretado polo dúo ALDAOLADO – Lucía Aldao e María Lado- no que colabora o SEMINARIO PERMANENTE DE JAZZ DE PONTEVEDRA É unha divertida reflexión sobre o humor e os seus límites dirixida a crianzas a partir de 6 anos.
Prezo da entrada: 3 €
Hora
(Venres) 19:00 - 20:00
Localización
Pazo da Cultura
Alexandre Bóveda s/n - 36005