Toma p-Arte

17mar18:00Toma p-ArteSesión de contos con Ana Apika

Detalles do Evento

Unha imaxe vale máis ca mil palabras! Por iso, para esta sesión de contos Ana Apika, unha das nosas narradoras convidadas, escolleu historias que están publicadas e onde a ilustración tamén conta, e moito!
“Queros destacar a imaxe, esa parte dos álbumes ilustrados tan importarte, dando á súa vez valor ás persoas que as realizan como grandes artistas que son”. Unha sesión onde as historias, a imaxe e a narración oral contan moito!

Público familiar
Atención: para asegurar praza, podes reservar a través da web. Sen embargo, sempre deixaremos algunha entrada para coller no día (se andades espelid@s!).

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Xoves) 18:00

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As sesións de contos teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores que accedan a calquera das actividades do Salón deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir, escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Toma p-ARTE Ana Apika

As entradas xa non están á venda para este evento!