Trinta anos cantando con Migallas

13mar12:30Trinta anos cantando con MigallasMigallas Teatro

Detalles do Evento

ESTREA!

Migallas Teatro celebra no Salón o seu 30 aniversario facendo e cantando música infantil en galego, cun divertido e variado concerto. Nesta ocasión, contarán con músicos de recoñecido prestixio e traxectoria como Xaquín Xesteira e Anxo Xesteira, de Treixadura, xunto a Borja García e Isi Baúlo, que acompañarán a María Campos e a Carlos Yus no escenario.

No concerto, a Banda Migallas interpretará temas dos discos “Canta connosco!” e “Pan de millo”. Cancións tan coñecidas como “Pan de millo“, “O rap da lingua“, “Miña Abuela Manuela“, “O esqueleto” ou “O libro máxico”, coas que medraron varias xeracións, farán gozar de novo as nais e pais que as cantaron na súa infancia e á rapazada de agora.

Prezo: 3€. Dispoñibles en www.ataquilla.com
Público familiar

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os lugares onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA! Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.