abril, 2021

25abr17:30Evento rematadoUn berce cheo de contosContacontos musical para bebés. Bea Campos

Detalles do Evento

Chega a hora de ir durmir pero Chispa non ten sono. Meu pobre, non para de chorar… Teremos que contarlle uns contos e arrolalo para o sono chamar… Vés con nós?

Un berce cheo de contos é unha actividade para a cativida máis miúda, os e as bebés, na que se conxuga a tradición oral, os álbums ilustrados e a música en directo.

Recomendado de 0 a 3 anos.

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. (Entrada válida para un bebé e unha persoa adulta acompañante).

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Un berce cheo de contos (Entrada válida para un bebé e unha persoa adulta acompañante).

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X