abril, 2021

25abr17:00Evento rematadoNo medio do bosque hai unha casa e na casa, un libroContacontos. Paula Carballeira

Detalles do Evento

No medio do bosque hai unha casa, onde vive unha muller que ten tantos anos como cousas lembra. Na casa hai un libro, onde a muller garda o que aprendeu para que non se lle esqueza: poemas, segredos, conxuros… Hai quen di que a muller é unha sabia. Hai quen di que a muller é unha bruxa. Ben pode ser as dúas cousas. Quen a busca, non a atopa, porque a protexen os animais da noite despois de gañar o seu respecto… Pero unha nena deu con ela, e co libro, e coa casa…

Paula Carballeira trae ao Salón do Libro unha sesión de contos da tradición popular procedentes de diferentes culturas sobre o bosque e o que nel se agocha. O bosque, lugar de misterios, refuxio de quen non ten onde ir, de quen busca ser libre para xogar e imaxinar, igual que cando tes un libro nas mans.

Público familiar
(En caso de choiva a actividade trasládase ao Pazo da Cultura).

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Evento no exterior
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

No medio do bosque hai unha casa e na casa, un libro. Contacontos. Paula Carballeira

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X