abril, 2021

24abr12:30Evento rematadoUnha árbore vén vernosContacontos. Anxo Moure

Detalles do Evento

As historias do Carballo con Botas (Anxo Moure) volven ao Salón, desta volta dentro do Proxecto Cuco: Cultura contra o cambio climático.
Nesta sesión escoitaremos historias que salvan o planeta, contos que coidan da terra e cultura contra o cambio climático que pedalea, rema, empurra soños… E como non, as protagonistas dos contos serán: a xacia Luviñas, a lobiña Lubiana, o tío Teixo, os pés de Loba, o cabaliño Miudiño, a nube Cristina…

Público familiar
(En caso de choiva a actividade trasládase ao Pazo da Cultura)

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Evento no exterior
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Todas as persoas precisan dunha entrada, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Unha árbore vén vernos. Contacontos. Anxo Moure

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X