Unha viaxe ao surrealismo

16mar17:15Unha viaxe ao surrealismoObradoiro artístico. Alba Troiteiro

Detalles do Evento

Neste taller introducirémonos no amplo mundo do surrealismo. Cada participante viaxar mediante o seu maxín a cadanseu mundo onírico
para trasladarse ao papel en forma de ilustración.
A técnica que usaremos será a estampación con selos artesanais. É un método orixinal onde cada quen pode combinalos como guste para crear os diferentes escenarios que a imaxinación brinde.

Atención: para asegurar praza, podes reservar a través da web. Sen embargo, sempre deixaremos algunha entrada para coller no día (se andades espelid@s!).

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

Os obradoiros teñen un aforo limitado. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores que accedan a calquera das actividades do Salón deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir, escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Pintaletras

As entradas xa non están á venda para este evento!