Universo Tullet

18mar17:30Universo TulletObradoiro creativo para bebés. Espacio Arkhé

Detalles do Evento

ENTRADAS ESGOTADAS!!

Para esta actividade a entrada é DOBRE e vale para un (1) bebé acompañado por unha (1) persoa adulta.

Por favor, se puntual. A actividade comezará á hora indicada no programa e unha vez iniciada non se poderá acceder ao espazo.

A colorida obra do artista visual, autor e ilustrador francés Hervé Tullet inspira esta experiencia de xogo e exploración onde case nada é o que parece. Nesta proposta a arte non é un fin, senón un medio, confiamos na intuición dos nenos e nenas… Nada está escrito. A cor e a luz son o fío condutor deste obradoiro. O vermello, azul e amarelo, tan característicos da obra de Tullet, materialízanse en diferentes formas, texturas e mesmo temperaturas. Cando a luz entra en escena, prodúcese o proceso inverso, e a cor vólvese etérea, os límites vólvense difusos e mestúranse, inundando todo o espazo: proxeccións, mesiñas de noite, transparencia versus opacidade… 

Os/as bebés participantes gozarán dun espazo e dunhas propostas especialmente deseñadas para facilitar a súa libre circulación, para que poidan utilizar o seu propio corpo como principal instrumento de coñecemento e interacción co material. 

De 1 a 3 anos

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.